"É de ben nado ser agradecido":
O Camiño de Santiago non se fai por imposición, é unha elección libre e por iso o peregrino non debe crer que ten privilexios. Nos albergues e establecementos da ruta hai que comportarse con educación, sen asoballar aos propietarios e hospitaleros e sen urxencias.
Os hospitaleros voluntarios son tamén peregrinos e, como o seu nome indica, axudan de forma desinteresada e preparan os almorzos, compran e fan a cea, limpan as instalacións, curan feridas, etc.
Non hai que tirar lixo no Camiño, para iso convén levar unha bolsa baleira e depositar nela todos os envoltorios, latas e restos de comida que se vaian acumulando durante a etapa.
Todos os peregrinos merecen o mesmo respecto, tanto os que fixeron dez camiños como os que empezan, cada un parte con obxectivos e expectativas diferentes pero todos terminan abrazando o mesmo fin. O Camiño é unha das mellores escolas en civismo e valores humanos que se pode atopar, só hai que saber escoitar os seus ensinos cada día para regresar a casa renovado, de mellor humor e sendo mellor persoa.
Fonte: http://caminodesantiago.consumer.es/
© 2025 De Sada a Santiago